A intervención

A intervención
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788499140940
ISBN:
978-84-9914-094-0
Páginas:
288
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

17,30 €

Un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta, estudante universitario, e mais unha das súas profesoras na facultade de Historia reúnense para constituíren un comando artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance un tanto particular, a medio  camiño entre a creación estética e a toma de conciencia política. Instalados ao pé das montañas do Courel, este grupo de rebeldes pretende sensibilizar a cidadanía cunha intervención que enlace arte e  natureza. Mentres levan a cabo o seu escrupuloso plano, a chegada inesperada dunha nova personaxe, unha psiquiatra vienesa, obrígaos a rexistrar por escrito as súas actividades clandestinas. Desde a múltipla perspectiva que emana dos seus diarios, os membros do grupo van dando as súas respectivas versións, que conforman unha historia colectiva, e que conectan a paixón creativa co pasado remoto de cadaquén, coa súa infancia e cos seus medos máis agochados. Porque a arte é unha das formas da loucura.

Otros libros del autor

LINGUÍSTICA ECO
UM ELEFANTE NO ARMARIO
Unha primavera para Aldara
O natural é político
A casa dos Lucarios