A ARTE DE TROBAR

A ARTE DE TROBAR
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-273-7
Páginas:
224
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

16,85 €
Comprar

No século XIII, unha " troupe " de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto,  a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás  cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela  con grandes doses de intriga.
 " A arte de trobar " é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano.
 Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, " A arte de trobar " constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se  escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.

Otros libros del autor

A voz das nereida
A diagonal dos tolos
Game Over
Hora zulú
Peaxes