- Título:
- FRIO AZUL O
- Subtítulo:
- Autor:
- CARIDE OGANDO, RAMON
- Editorial:
- SOTELO BLANCO EDICIONS,S.L.
- Año de edición:
- Fecha edición:01/2008
- ISBN:
- ISBN: 978-84-7824-540-6
- Páginas:
- Nº de Páginas: 122
- Tipo de edición:
- Disponibilidad:
- No Disponible
- Colección:
- Colección: MEDUSA
- Materia:
- Materia: NARRATIVA
- 10.50€
-
Comentario
O frío azul.. Ano 1517. Nunha escura invernía, desafiando unha mesta nevarada, un viaxeiro chega ao mosteiro de Oseira. Acarrexa unha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu corazón mancado e, sobre todo, a ansia por saber a calquera prezo a razón da súa insólita desventura. Pouco a pouco, paseniño, a monotonía tépeda da pedra e a rutina dos ritmos monacais van minando a súa afouteza, ata que, finalmente, a impensada confesión do amo do mosteiro o leve sen remisión polos camiños máis abraiantes. Sen acougo, do val estremeiro do Xálima a Portugal, de Toledo ao Courel, o autor tece un sorprendente relato que se vai apoderando do lector. Un relato de guerras e de nigromancia, de panteísmo e de represión, de poder asoballante e de resistencia secular. Un relato sorprendente que oscila, a cada paso, entre a quentura do amor e a friaxe da morte, entre as historias reais que sobrecollen e as lendas que perviven, agochadas, nos curutos das serras máis afastadas. Ramón Caride debuxa con mestría paisaxes, feitos e soños en O frío azul (Premio Manuel Lueiro Rey de novela Curta 2007), para facernos vivir, na compaña dos seus protagonistas, unha viaxe inesquencíbel polo tempo e polo espazo que nos permite albiscar os abismos máis fondos, os que cada un de nós levamos dentro.